CANTO V
... e el foi que o paseo por aquela
insólita espiña-incrustada na
tráquea-virou
nunha especie de danza estraña:
completamente enferma de delicadeza. todos
os movementos do noso ir e vir-profundamente obsesivo-inducen dalgún
xeito á decadencia. decaer é torcerse-desvíar o centro de
gravidade: baixalo moi abaixo e deixalo alí-estendido como se for un
tapiz vello.
cando
me pasaches o correverás-fixen del un entretemento:
trasladei nese obxecto as emocións máis sorprendentes-envieinas nun
suspiro-coma quen manda cartas de amor dun extremo ao outro do
universo. efectivamente-houbo un tempo en que ser e amar constituían
un fluído densísimo. podía percorrer milleiros de quilómetros
dunha alma a outra sen fatiga. pero algo sucedeu que agora non
lembro-algo certamente triste e terríbel.
...e
volveu do outro lado da espiña-do
extremo norte desa corda fina-a pequenos saltos. pisou-finalmente-as
entrañas do tempo-coma se o culpase de algo. o secuestro daquel lugar
lamacento-confinado a tan gran desastre ocupaba demasiado espazo na
súa particular tristeza insomne.
miña
delicada criatura-as bestas afogaron nas lindes da ucronía. agora-en
circunstancias tan penosas-o tempo cómeos polos pés. e que os
trague enteiros se fai falla!