MEME DOS LIBROS
Envioume Txiki Calvo un convite para facer un meme de libros e, como che son ben guiadiña, cando quero, respondín a todiñas todas as preguntas que se me fixeron. Aí están!!
Envío este Meme a Navicularia, o blog de Neves SOUTELO, ao Figurante e a Porta Verde
1º- O último libro que liches.
- Frankenstein ou o moderno Prometeo, de Mary
Shelley. Era unha desas novelas que quedan por ler até que as les
e punto pelota.
- 2º- O libro que mudou o teu xeito de pensar.
- Buf... A ver, por elixir un, eu diría que El espectador
emancipado, de Jacques Rancières. Xa é o segundo que lle leo a
este señor e a piques estou de crear un grupo de fans ;)
- 3º- O último libro que che fixo chorar.
- Carné de identidade, de Mahmud Darwix.
O salmo 8, concretamente, pareceume durísimo. Iso de se erguer,
despois de ter morto, e escribir o nome da terra no propio cadáver,
ou nun rifle, arrincoume algunhas bágoas. A verdade é que xa me
entrara a angustia poemas atrás.
- 4º- O último libro que che fixo rir.
Pois, mira ti, co Manifesto SCUM, redactado por Valerie Solanas, en 1968, rin a cachón!! Sei que non é un “libro libro”, mais valerá. Mellor que Miguel Mihura dende logo!! (Que cousas me veñen á cabeza ás veces, meu! Han ser efectos poscoloniais.)
- 5º- O último libro que prestaras e non che devolveran.
- Nin idea. Non me lembro.
- 6º- Un libro que che emprestaran e que non devolveras.
- Un de Kerouac...
- 7º- Un libro que relerías.
Poemas de Alberto Caeiro, de Fernando Pessoa. De feito estouno relendo agora!
- Contos de Hoffmann, do alemán Ernest Theodor Wilhelm
Hoffmann, editado en galego por Tris Tram.
- 9º- Un libro que te sorprendeu para ben.
- No hay nadie en casa, da
croata Dubravka Ugrešić. É un chisco posmoderno, si, mais axuda a
descomprimir un pouco.
- 10º- Un dos primeiros libros que liches na escola.
Las aventuras de Tom Sawyer, de Mark Twain.
- 11º- Un libro que roubaches.
Pois... Roubar roubar... Non foi a miña intención quedarmo, a verdade. Creo que é un caso de desidia. Collín o libro e, cando caín na conta, pasaran xa meses. O caso é que non me atrevín a devolvelo, e, finalmente, os meses viraron anos e, así, coma quen non quer a cousa, borreino da cabeza. Debe ser que non me acepto como choriza!! O libro era Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. (non llo digades a naide!!)
- 12º-Un libro que atoparas perdido.
- Perdido non atopei ningún e tampouco participei nun
bookcrossing, pero si nun mercadillo no instituto. Nel
deixara dous filmes que intercambiei por O home duplicado, de
Saramago e O Livro do Desassossego, de Pessoa. Eu cando
quero sei ben facer negocios
- 13º- O autor do que máis libros tes.
- De Pessoa. Que grande!!
- 14º- Un libro valioso.
Contos e lendas da terra do Bolo, un libro de relatos populares que escribiu meu pai, Esteban Enríquez. Vale moito para min porque nesas historias está parte do meu imaxinario, sempre ligado a ese lugar.
- 15º- O libro que estás a ler agora mesmo.
- Aparte do de Pessoa -Poemas de Alberto Caeiro-, estou
lendo Utopía, de Tomás Moro, mira ti que cousas, e algúns
ensaios de Walter Benjamin que figuran no Libro II/ vol. 2
- 16º- Un libro que prohibirías.
- Prohibir? Ningún.
- 17º- Un libro que levas tempo querendo ler.
- El
acontecimiento de la literatura, de Terry Eagleton. Merqueino
hai uns vinte días en Couceiro e aínda non puiden comezar a lelo.
- 18º- O próximo libro que vas ler.
- Despois
do de Eagleton, El Golem, de Gustav
Meyrink. Estou moi interesada no lado escuro do ser
humano...
- 19º- O libro que non lerías endexamais.
- Un deses de “autoaxuda”. Prefiro psicoanalizarme cunha
amiga e, xa de paso, tomar un café ou unha cervexa.
- 20º- A túa triloxía ou saga preferida.
- Prefiro velas no cinema ou na televisión, a verdade. Así é
que, se se permitir, direivos que fun seguidora fanática de
Battlestar Galactica!
- 21º- Último libro que che regalaron.
- El anticristo, de Nietzsche.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire